quinta-feira, 18 de maio de 2017

A empresa

En Porto é algo complicado buscar un aloxamento para 3 meses porque moitos só alugan mínimo 6 meses e solen ser moi caros.
Eu collín unha habitación en Rio Tinto e aínda así é un pouco cara...



No caso da empresa, moi ben, xente acolledora, estamos seguido de bromas e na hora de comida poñémonos a xogar ao pimpón e ao futbolista e incluso hai días que vamos xogar ao fútbol.
Nos dedicámonos á reparación de equipos tanto antigos como novos tamén se dedican á reparación de tablets e móbiles. Tamén nos fixemos instalación de sistemas operativos e montaxe de equipos.

Equipos para instalar 


Acabando  de preparar os equipos para a súa saída

Arranxando un equipo que tiña a placa off

Comprobamos que o server está okey 



Cando non temos traballo eu vou para xunta un compañeiro de traballo a aprender a arranxar os móbiles e as tablets.

Neste pouco tempo que levo aquí aprendín bastante de tablets e móbiles que hai poucos sitios onde aprender.
Arranxando un iPhone 5s

Todos facemos esas cousas pero despois cada un dedícase máis a parte que se lle dá mellor como eu a reparación de ordenadores e portátiles e incluso outros materiais pequenos como un lector de barras e outras cousas.

 Cando non funciona e me mandan arranxar XD

Outro portátil máis para a colección.



Para os novos alumnos do IES San Clemente: non teñades medo a ir ao estranxeiro a facer as prácticas porque se pasa ben e é unha boa experiencia, ademais de que sempre aprendes algo novo.
Se vos gusta a reparación non dubidedes en vir a wDmi no Porto.

Se pensades que non ides saber as cousas ou que ides ter que preguntar, non teñades medo, que eles axudan en todo pero en realidade non vos vai facer falta porque ides saber tanto como eles ou incluso máis. O IES prepara moi ben a xente neses dous anos así que aproveitade o tempo.

Un saúdo.

Sem comentários:

Publicar um comentário