domingo, 2 de outubro de 2016

iLoja Erasmus+ | Crónica visual

Ola a todos!
Veño mostrar unha pequena crónica visual da miña experiencia nestres tres meses facendo un erasmus extracurricular. (extracurricular, si, agradezo ao San Clemente a oportunidade de redimir a miña anterior experiencia de erasmus :-) )

via GIPHY

Un pouco de contexto sobre a empresa:
iLoja é unha empresa de reparación de dispositivos Apple (dende un iPod, mac, iPhone a un time capsule), consta de tres "lojas", Braga, Oporto e Lisboa.
Xurdiu dunha anécdota. Miguel, o "big boss" traballaba en California. Veraneando na Galicia escachou o iPhone e necesitaba reparalo ¡Ipso Facto! Máis non atopou como, o que si atopou foi unha idea, un oco no mercado...
Regresou a EEUU cunha idea emprendedora rondándolle os miolos. Ate que no seu regreso a península fundou iLoja (actualmente ten rexistrado iTienda, e varios proxectos máis sobre soporte multimarca)

A primeira semana paseina con cautela, quería participar en todo pero todavía non tiña a soltura e independencia para facelo pola miña conta.
Esa inseguridade non durou nada, pronto estaría mergullado de cheo no traballo, con dous fabulosos compañeiros (de temperamentos totalmente contrarios) cos que axiña as tarefas fluiron naturalmente entre nos. E non podía ser de outra maneira, xa que o rasgo característico de iLoja é, reparacións en menos de 30min!!!
Así que non so había que ter mans rápidas, o traballo era procedimental, xestión do ERP, controlar inventario, tratar as encomendas, xestionar o correo cos clientes, márketing dixital, comunicación entre as outras iLojas, atender o tlf, etc...
Todo iso era necesario para satisfacer a demanda dos clientes. Entretanto lío as veces había que ser "creativos" e sobretodo ter paciencia.

En xeral a experiencia foi moi enriquecedora. Nun par de días, xa me sentía coma na casa. E coma a maioría, da casa cústanos marchar...


PD: Esta foi unha parte case exclusiva falando do posto de traballo. Virá unha segunda máis cultural, falando de Braga, dos seus recunchos, bares, monumentos, festas, música, cultura...

1 comentário: