terça-feira, 11 de outubro de 2016

Despedida de Porto con sabor a regreso

Finalmente, despois de cinco meses en Porto chega o momento de dicir "Até logo".

Na primeira parte desta entrada non quero adornar a miña experiencia con fotos ou vídeos bonitos que contan a historia de maneira  visual na que nos solemos fixar de entrada e que poden omitir moitos detalles que quedan despois no texto. O ilustrativo virá despois. Primeiro quero relatar exactamente o que foi para min vivir estes últimos meses no Porto sen adornar nada e que penso que será o realmente importante. Seguro que me esquezo de moitos detalles, pero intentarei facelo o mellor que poida.

Comenzamos:
Despídome de Porto sabendo que volverei dentro de pouco e con moitas "saudades" do tempo que estiven alí. Pouco máis teño que dicir ademais do xa dito na miña primeira entrada a este Blog falando desta cidade tan bohemia e máxica. Estes meses que estiven alí unha vez finalizado o "estágio", traballando na empresa que me acolleu, servíronme para facer máis fortes as miñas ideas sobre a maxia e esa cousa inexplicable que posúe esta cidade e a súa xente. 

Falando de esta última frase, teño que dicir que non son o único que o di. Non son só eu o que conectou con esta cara tan cálida do Porto. Na miña vida nos últimos dous meses nesta cidade podo dicir que un amigo me acolleu na súa casa no centro de Porto, na cal tamén tiña o seu negocio de Hostel, e que nese tempo puiden coñecer a moita xente, estranxeiros de moitísimas partes do mundo cos que sempre coincidía en que Porto ten un "algo" que te enamora e que fai que queiras volver a visitar a cidade. Toda esa xente marchaba agradecéndolle a o meu amigo e a cidade en sí o tempo pasado alí como se fora unha experiencia que só se vive alí.

Con isto último aproveito para falar da xente e recalcar o boas persoas que son. Basta con volver a repetir que un amigo dos moitos que fixen alí abriume a portas da sua casa sen pensalo, permitíndome vivir alí con el sen pedirme nada a cambio, só con dicirlle que estaba buscando onde vivir porque xa se terminara o meu contrato na casa na que estaba vivindo e que xa non volvería a estar dispoñible nun tempo que eu non tiña. Non só me permitiu vivir na súa casa, se non que me descubriu a cara menos turística de Porto, esa cara que só a xente de alí coñece. Esa cara máis tradicional e o mesmo tempo máis bohemia que posúe Porto. Son desas persoas que realmente lle agradeces as casualidades da vida poder coñecer.
Tampouco podo deixar de falar do xefe da empresa que rematou por converterse nun amigo tamén. O cal tamén me abriu as portas da sua casa e mesmo da súa familia. O mesmo co cal incluso pasamos xuntos as vacacións ben merecidas como se nos coñecéramos de toda a vida con máis compañeiros do traballo. Un traballo que deixa de ser tan traballoso cando o fas entre amigos.
Realmente antes de vir a vivir a Porto xa coñecín o agarimo desta xente da man da profesora Ana Soares, e que nin sabelo me deu a ver en só dúas clases de unha hora o xenial que pode chegar a ser a xente de Porto.
Podería estar falando da xente que coñecín alí e do marabillosas que son e non rematar esta entrada. Simplemente quero dicir que xente que coñecín nesta cidade só a encontrarás alí. Bueno, ou quizá en Galicia, onde tamén tratamos á xente de fóra coma se fora da casa ;) Pode ser que de primeiras a xente de Porto se mostre un pouco distante, pero se fas un amigo, faralo para toda a vida.

Porto é unha cidade que tristemente a pesar de  se estar a converter pouco a pouco nunha cidade máis ambientada o turismo, aínda posúe esa aura especial, esa maxia, ese aire bohemio e decadente, esa tradición, ese espírito das décadas pasadas onde o importante non era a civilización e consumismo masificado. Eso é o que transmiten as súas rúas, a súa xente, o seu ambiente, o seu aire ao pasear polos seus xardíns, pola Ribeira, polas praias, polas pontes, entre os seus edificios en ruínas que mostran o esqueleto dunha cidade antiga. Un aura única e especial que te atrapa e enamora para sempre entre os seus azulexos azuis.

A toda a xente que me axudou na miña estadía, e para a Cidade en si, "Muito obrigado" 

 Non me quero estender moito máis co texto. Teño moitas máis cousas das que falar en especial, pero coido que con iso podémonos facer unha idea do enamorado que quedei da cidade e do moito que a podería recomendar, fora para vivir ou para visitar.



 Continuando que tiña dito antes, é hora de adornar un pouco a entrada cun par de fotos ou vídeos par que quede máis bonito. Para non repetir o dito na miña anterior entrada, intentarei falar das cousas novas que vivín despois desta. 
Primeiramente, unha obrigación o falar do Porto sería mencionar o "São João", sería un pecado non facelo. Basicamente é o San Xoán galego nesta cidade, Aqui non hai cacharelas para saltar, pero ten as súas propias tradicións.En Google pódense atopar moitas fotografías para facerse unha idea do que é, así que non poñerei moitas miñas.

video  video
Os farois e os fogos de artificio dende a Ribeira non poden faltar.

video
(Parece que ao subir os videos directamente ó Blog perden calidade)

A tradición é ir pola rúa con martelos de xoguete e pegarlle na cabeza a toda a xente que se che pasa por diante sen vir moito a conto. É unha situación bastante interesante. Antigamente tamén se pasaba pola nariz da xente un tallo de allo, pero co tempo deixouse de facer, e os martelos foron o troco.
Durante a noite, tamen existe a tradición de ir a pé ate a praia de Matosinhos, un paseo de unhas dúas horas. Xa se despois se decide durmir na praia depende de como pasou cada una noite. 

Tampouco podo deixar de volver a falar da comida de Porto, unha das mellores cousas que ten tamén.
Despois de falar da Francesinha, tamen teño que mencionar o típico "Cachorro". Un Hot-Dog de toda a vida pero a estilo do Porto.

Tampouco podemos esquecer outros pratos típicos como son as "Bifanas" ou as "Tripas á moda do Porto" que non tiven a "oportunidade" de probar.

E o mellor de todo, as súas panaderías, bolos, pasteis e todo iso que tantas alegrías non poden dar polas mañas no almorzo. Como aqui, en ningún sitio. Só un simple exemplo:

O Porto sempre ten moi boa comida e moitos eventos todo o ano.
Unha das mellores cousas da cidade é que ten todo o que pode ter unha cidade grande, pero en pequeniño, sen toda a xente e o agobio.


Sen dúbida, I ❤ Porto
OBRIGADO


2 comentários:

  1. Ohhh... que saudades tenho da minha cidade... é tão linda!! Já vejo que agora tu também me entendes: o Porto deixa mesmo saudades x':
    E sim, as pessoas do Porto são/somos "geniais" (modéstia à parte) ;D Obrigada Martin, pelo post e pelas tuas palavras... Mesmo tendo sido só um par de horas foste um aluno maravilhoso.

    ResponderEliminar