segunda-feira, 20 de junho de 2016

Documentación dos Erasmus+

Estes días estamos recibindo os alumnos participantes en mobilidades Erasmus+ que volven a casa despois de tres meses de prácticas no estranxeiro.

Hoxe temos aos tres alumnos que estiveron no Porto, un destino novo, que falaron moi ben da súa experiencia.


Nestas reunións, recollemos a documentación da FCT, revisamos papeis pendentes de Erasmus+, realizamos as últimas publicacións neste blogue e no TwinSpace, e o máis importante: cobren o informe final.

Despois de cumprir estes requisitos, o último paso é transferirlles o segundo pago da bolsa Erasmus+, se é o caso (en concreto, dous deste alumnos aceptaron unha "bolsa cero").




Sem comentários:

Enviar um comentário