segunda-feira, 28 de junho de 2021

Estágio em Braga

 Acabo de finalizar as miñas prácticas en Braga, despois de dous meses e medio. En todo este tempo, vivín unha chea de experiencias magníficas.

Aproveitei para coñecer outras cidades e lugares de Portugal. Guimaraes atópase a 20 minutos e O Porto a 40, e podes chegar en tren por 3 euros ao sumo. Eu tamén visitei a unha amiga en Coimbra. O Gêres e unha serra natural que comparten Galicia e Portugal cunha chea de paisaxes naturais únicas, alí organizamos unha acampada impresionante con rutas de senderismo e deportes na natureza.

Braga tamén ten cousas moi interesantes que visitar, locais moi chulos e unha vida cultural activa, non da para aburrirse. Ten tamén praias fluvais moi chulas e costa a 40 minutos.

En Portugal, os bares e restaurantes son moito máis baratos, o cal anima moito a saír a sitios onde se socializa un montón. Na zona univertsitaria as cervexas valían 90 céntimos!! Nesta cidade, hai un gran movemento Erasmus, o que me deu a coñecer a moita xente de todo o mundo (Hong Kong, Alemaña, Nigeria...), practicando moito inglés, ademais de, por suposto, portugués. 

Desfrutei moito e levo unha chea de recordos inesquecibles desta experiencia


Ruta das 7 lagoas (Cabril)











2 comentários:

  1. Moi ben, Noa!
    Compartes unha foto da acampada, por favor? :-)

    ResponderEliminar
  2. Alégrome moito de que disfrutases da túa estadía en Portugal, ao mesmo tempo que mellorabas o teu currículo.

    ResponderEliminar