quinta-feira, 14 de setembro de 2017

1 mes de prácticas na Covilhã

Estiven facendo prácticas nunha tenda de informática nunha cidade de Portugal , na Covilhã.
É unha cidade pequena, moi acolledora nunha montaña a paisaxe, as vistas fermosas.
No meu caso, estiven de prácticas nunha tenda de Informática ademais de compra e venda de produtos informáticos.
Os que me atenderon foron os donos e xefes da tenda, Débora e João, moi contento ca sua atención tanto o primeiro día como na miña estancia en Portugal, axudáronme en todo o que necesitaba e incluso me invitaban a acompañalos para coñecer a cidade xunto a eles.
Na tenda había aparte de eu, 3 estudantes en prácticas na mesma tenda, portugueses.
Tratáronme fenomenal, como un máis, por dicilo así.
Na tenda o que máis me completou a nivel profesional, foi atender aos clientes, é dicir traballar cara o público. Xa que nunca fixera isto e ademais nun idioma no que non e o meu natal. Enriqueceume moito tanto persoal como profesionalmente.
Ademais son tarefas que están enfocadas ao ciclo que estou estudando como reparar ordenadores e portátiles. Tamén tiven que levar o stock ou inventario. Cando se compraba algo ou se vendía algo, engadilo ou retiralo  da base de datos.
En xeral moi contento coa miña estancia, co trato que recibín tanto das persoas da cidade como a xente na tenda que estiven facendo as prácticas.
Unha experiencia moi enriquecedora tanto persoalmente como profesional.



Sem comentários:

Publicar um comentário